Publicado por: bandevigo | 4 de Abril de 2011

Alejandra, Geno, Selina e Sheila, Bande

Ola!

Somos Alejandra, Geno, Selina e Sheila, temos entre 15 e 16 anos, imos todas en  4º ESO do IES Aquis Querquernis. O nome do noso instituto débese  a que na época romana os romanos cruzaron o río Limia e asentaron alí o seu campamento ó que lle chamaron Aquis Querquernis.
Todas estivemos en Vigo, pero esperamos coñecer  máis desa cidade da vosa man.
Esperamos que vos guste a comarca da Baixa Limia.

Un saúdo  =)

Publicado por: bandevigo | 16 de Marzo de 2011

Silvia, Valadares

Ola,chámome Silvia Freiria e teño dezaseis anos.
Estudo no IES Valadares, e son de Matamá,unha parroquia de preto do instituto.
Gustaríame coñecervos un pouco máis a todos vós.
Déixovos o meu tuenti por se queredes contactar comigo:
Silvia Freiria Comesaña
Unha aperta 🙂

Publicado por: bandevigo | 13 de Marzo de 2011

Antón e Suso, Bande

Ola amigos, somos Antón e Jesús, máis coñecido como “Suso” .
Temos 16 anos, imos en 3º ESO , a nós como á maior parte dos rapaces, gústanos o fútbol; concretamente somos do R.C. Celta de Vigo , esperemos subir este ano…
Unha aperta dende a Baixa Limia.

Publicado por: bandevigo | 11 de Marzo de 2011

De onde son os mozos do IES Aquis Querquernis…

Ola!
Son Alba Quintáns. Preséntovos os concellos aos que pertencemos os alumnos do meu instituto. Espero que vos guste.
Saúdos!

[Preme na imaxe para descargar o documento]

Publicado por: bandevigo | 11 de Marzo de 2011

Marcos Pires, Valadares

Ola chamome Marcos e son alumno de 4º da ESO do IES Valadares. Teño 15 anos e xogo nun equipo de futbol sala.

Publicado por: bandevigo | 2 de Marzo de 2011

O 4 de maio, a Vigo

Xa só falta cousa de dous meses para que fagamos o primeiro acto presencial do intercambio. O vindeiro 4 de maio @s moz@as do IES Aquis Querquernis collerán destino cara a Vigo, onde coñecerán en vivo e en directo aos estudantes do IES Valadares. Xa informaremos puntualmente do programa a seguir durante a xornada.

 

Publicado por: bandevigo | 14 de Febreiro de 2011

Jénnifer, Valadares

Ola, o meu nome é Jénnifer, teño trece anos xa cumpridos,  estudo  1º da ESO  e participo nas actividades do Club de lectura do meu IES e na radio, que emitimos en galego. Eu de BANDE, por dicir algo,  sei que esta en ESPAÑA na provincia de OURENSE.  Espero que nos contedes algo máis na nosa visita.

Un agarimo e bicos.

Publicado por: bandevigo | 13 de Febreiro de 2011

Laura Morgadanes, Valadares

Olaa!!!
Chámome Laura, teño 12 anos e estou en 1º. Eu apunteime ao club de lectura e fixen algún que outro traballo para a revista do cole. Sobre Bande só sei que o nome do voso instituto débese a que na época romana os romanos cruzaron o río Limia e asentaron alí o seu campamento, o que lle chamaron Aquis Querquennis.
Espero vervos pronto e coñecer máis cousas sobre Bande.
MOITOS BIQUIÑOS , de Laura.
Publicado por: bandevigo | 8 de Febreiro de 2011

Noelia, Vicki e Raquel, Bande

Ola , chamamonos Noelia , Vicki e Raquel .  Somos do IES AQUIS QUERQUERNIS , e gustaríanos coñecervos . Un bico moi forte .

Publicado por: bandevigo | 3 de Febreiro de 2011

Paula, Natalia, Jenny, Mª José e María, de Bande

Ola, que tal?

Somos  rapazas de 3º de ESO. Chamámonos Paula, Natalia,Jenny,María José  e María. Estudamos no IES Aquis Querquernis en Bande.

Temos 14 e 15 anos. Jenny vive en Lobeira e o resto vive en Muíños. A nosa comarca é moi pequena, pero ten cousas moi bonitas.

Esperamos poder ver cousas novas e pasalo moi ben con vós.

« Newer Posts - Older Posts »

Categorías